top of page

ABD MÚSICA
Educamos con Música

Abd Música é un centro de ensinanza musical no que ofrecemos formación instrumental, vocal e teórica, adaptada ás necesidades, intereses e ritmo de aprendizaxe de cada alumno e alumna.

ABD MUSICA – EDUCAMOS CON MÚSICA é un centro de ensino musical que ofrece formación instrumental, vocal e teórica, adaptada ás necesidades, intereses e ritmo de aprendizaxe de cada alumno/a.

 

A nosa maneira de entender a educación musical baséase na convicción de que a música é unha ferramenta poderosa para o desenvolvemento persoal e social. A través da aprendizaxe musical traballamos aspectos tan importantes como o control corporal a través do estudo dun instrumento, a importancia da cooperación en actividades grupais non competitivas -como as agrupacións instrumentais e vocais-, o coñecemento da historia a través das diferentes tendencias musicais e a súa relación coa sociedade de cada época e, en definitiva, a música como medio de confianza en si mesmo, de expresión e de relación cos demais a través do arte.

 

Unha metodoloxía diferente.

O noso centro diferénciase dos conservatorios e escolas de música oficiais pola aplicación dunha metodoloxía innovadora, inspirada en modelos educativos de Centroeuropa.

 

No mesmo día de clase o instrumento combínase coa linguaxe musical e a música de conxunto, o que permite optimizar o tempo de aprendizaxe e ofrecer unha formación máis práctica, dinámica e significativa.

 

Mentres que en outros centros estas materias adoitan impartirse en días diferentes, en ABD MÚSICA a linguaxe musical apréndese de forma integrada co instrumento que cada alumno vai estudar. A partir deste éxito, apréndese a ler, comprender e interpretar exactamente o que se vai tocar, entendendo a partitura como unha representación escrita da música que se vai crear.

 

Ademais, cada alumno pode optar por asistir un ou dous días á semana, dependendo dos seus obxectivos e dispoñibilidade, así como elixir libremente o instrumento que desexa estudar.

 

A nosa oferta formativa está dirixida a persoas de todos os ámbitos da vida. Impartimos clases para nenos e nenas a partir dos catro anos, para rapaces e rapazas e tamén para adultos, sempre nun ambiente dinámico e motivador adaptado ás características e necesidades de cada persoa.

 

As nosas actividades

En Abd Música ofrecemos durante todo o ano:

  • Clases de instrumentos musicais.

  • Clases de canto clásico e moderno.

  • Formación en linguaxe musical.

  • Formación en materias teóricas.

  • Música de conxunto, tanto instrumental como vocal.

  • Traballos monográficos e obradoiros especializados.

  • Actividades complementarias adaptadas o interese do alumnado.

  • Atención específica para o alumnado con capacidades diversas.

 

A nosa prioridade é ofrecer unha educación musical de calidade, próxima e personalizada, que fomente a creatividade, a expresión artística e a práctica de facer música dende o primeiro día. Porque cremos que aprender música é máis que adquirir unha técnica: é desenvolver habilidades, compartir experiencias e gozar da arte que acompaña a vida en xeral.

bottom of page