top of page

Instrumentos

Aprender un instrumento en ABD MÚSICA é moito máis que asistir a unha clase semanal. É vivir a música desde o primeiro día, dunha forma práctica, motivadora e adaptada a cada persoa.

A nosa metodoloxía integra todos os aspectos da formación musical dentro da propia clase de instrumento, evitando aprendizaxes illadas e facendo que cada novo coñecemento teña unha aplicación real e inmediata. Cada alumn@ avanza ao seu propio ritmo, respectando a súa idade, experiencia e capacidades, nun ambiente de confianza que favorece a aprendizaxe e a creatividade.

 

Desde o inicio, o alumnado forma parte de pequenas agrupacións musicais nas que compartir, escoitar e crear música en equipo convértese nunha parte esencial da experiencia. Tocar con outras persoas non só fai a aprendizaxe máis divertida e motivadora, senón que tamén desenvolve habilidades como a cooperación, a comunicación, a responsabilidade e o compromiso, competencias fundamentais dentro e fóra da música.

 

Para as persoas adultas, ABD MÚSICA ofrece unha forma flexible e personalizada de aprender un instrumento, sen a presión dos itinerarios académicos tradicionais. Cada alumno ou alumna marca os seus obxectivos xunto co profesorado, adaptando as clases aos seus intereses, ao seu nivel e ao tempo do que dispón.

 

Tanto se é a primeira vez que te achegas á música como se desexas retomar un instrumento despois de anos, en ABD MÚSICA atoparás un espazo onde aprender, compartir e gozar da música dun xeito natural, próximo e ilusionante.

bottom of page